xeira
Audio 1

xeira substantivo feminino1 Xornada de traballo, tempo durante o que se fai un traballo sen interrupción. Isto facémolo nunha xeira.2 Cantidade de traballo que se fai durante unha xornada ou dunha soa vez, ou serie de cousas feitas sen interrupción. Agora descansamos e pola tarde dámoslle outra xeira. Entre os catro fixemos unha boa xeira.3 Paga que cobra unha persoa polo traballo dun día. Cobra unha boa xeira. SINÓNIMO xornal4 Esforzo que comporta a realización dun labor. Hoxe levei unha boa xeira! SINÓNIMOS ceifa, coza1, malleira, quenta5 Tempo ou ocasión en que a unha persoa, entre varias, lle corresponde facer, usar ou recibir algo, polo xeral segundo unha repartición previa. Desta xeira tócanos a nós pagar. SINÓNIMOS rolda, vez FRASES E EXPRESIÓNS CON xeira Á xeira Cobrando un prezo ou soldo fixado por día. Traballa á xeira. SINÓNIMOS ao xornal, a xornal Ás xeiras locución adverbial Unha vez cada un, alternando, vez por vez, por veces. Ora vén el, ora seu irmán, andan ás xeiras.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!