xogo
Audio 1
Audio 2

xogo substantivo masculino1 Acción de xogar. Deixa o xogo e ven xantar. CONFRÓNTESE enredo2 Cada unha das actividades que se realizan co único fin de entreterse e divertirse, e que se caracterizan por estar organizadas conforme unhas regras determinadas e, ás veces, por precisar duns obxectos concretos. O parchís é un xogo.3 Aquilo co que se xoga seguindo determinadas regras. Regaláronme un xogo de xadrez.4 Entretemento no que se arriscan cartos. Arruinouse por culpa do xogo.5 Conxunto de cartas que nos xogos da baralla ten un xogador na man. Nesta partida levo un bo xogo.6 Conxunto de cousas que teñen as mesmas características básicas e, complementándose, serven para un mesmo fin. Un xogo de chaves. Un xogo de café.7 Combinación de certas cousas que dá lugar a un conxunto. Xogos de luces. Xogos de auga.8 Maneira de xogar. Fixo un xogo moi hábil e gañou.9 Maneira de actuar conforme unhas intencións determinadas. Non lle sigas o xogo a esa xente.10 Parte pola que se unen dous ósos, e movemento desa parte. O pantalón estórbame no xogo da perna. SINÓNIMOS artellamento, articulación, xoga, xógara, xunta1, xuntura CONFRÓNTESE artello substantivo masculino plural11 Reunión deportiva na que se realizan competicións de distintos deportes. Os Xogos Olímpicos. FRASES E EXPRESIÓNS CON xogo Entrar en xogo (algo) Ser un dos factores a ter en conta para certa cousa. Á hora de elixir un candidato entran en xogo a súa postura ideolóxica e a súa capacidade. Facer o xogo (a alguén) Contribuír a que consiga o que quere. Algúns periodistas foron acusados de facerlle o xogo ao poder. Sala de xogos VÉXASE sala Xogo de azar Xogo no que se apostan cartos e no que gañar ou perder depende da sorte. O xogo de azar que máis lle gusta é a lotaría. Xogo de mans Truco que se fai coas mans con moita habilidade, facendo aparecer e desaparecer cousas. Nun xogo de mans, fixo desaparecer un pano. Xogo de palabras Frase que ten máis dun sentido, coa que se pretende provocar un engano ou facer un chiste. Ao traducir o título da obra, pérdese o xogo de palabras do orixinal. Xogo de rol Actividade lúdica na que os participantes actúan como personaxes dunha trama. Participou cos seus amigos nun xogo de rol ambientado nun futuro imaxinario. Xogos florais Certame literario no que se premia o mellor poeta. Xogos florais de Tui. Xogos malabares Xogos orixinarios da rexión india de Malabar, que esixen gran destreza e habilidade por parte dos seus executores e que consisten en lanzar obxectos ao aire e recollelos sen que caian ao chan, manténdoos en equilibrio inestable. Gústanlle moito os xogos malabares.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!