xuízo
Audio 1

xuízo substantivo masculino1 Facultade mental que permite entender as cousas, xulgalas e actuar en consecuencia. Perdeu o xuízo. SINÓNIMOS entendemento, razón, senso, sentido CONFRÓNTESE raciocinio2 Capacidade mental para actuar de maneira razoable e correcta. Tes moi pouco xuízo. SINÓNIMOS cordura, entendemento, sensatez, senso, sentido, siso CONFRÓNTESE caletre3 Maneira que unha persoa ten de xulgar unha cousa, e conclusión que saca. Ao meu xuízo, é un erro intervir neste momento. SINÓNIMO criterio Emitiu un xuízo favorable sobre o asunto. SINÓNIMOS opinión, parecer2 CONFRÓNTESE apreciación4 Filosofía Operación mental mediante a que se relacionan dous conceptos e se afirma ou se nega un respecto do outro. Os xuízos constan dun suxeito, unha cópula e un predicado.5 Acción xudicial para resolver un asunto. Terá un xuízo xusto. FRASES E EXPRESIÓNS CON xuízo Moa do xuízo VÉXASE moa1 Xuízo de Deus Historia Procedemento xudicial usado na Idade Media, sobre todo polos pobos xermánicos, polo que o acusado era sometido a unha proba física dolorosa para decidir sobre a súa inocencia ou culpabilidade, o resultado da cal se consideraría manifestación do xuízo divino. Se o reo saía ileso do xuízo de Deus, era considerado inocente. SINÓNIMO ordalía Xuízo petitorio Dereito Xuízo no que se reclama a propiedade dun ben ou a pertenza dun dereito. Os estudantes impulsaban folgas, manifestacións e xuízos petitorios. Xuízo posesorio Dereito Xuízo no que se discirne a posesión de algo. A herdanza das terras levounos a un xuízo posesorio.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí