xusto, xusta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

xusto (feminino: xusta) adxectivo1 Que actúa respectando os dereitos dos demais e dándolle a cada un o que merece, segundo os seus méritos ou as súas culpas. Non lle é doado ser xusto ao agasallar os seus fillos. SINÓNIMO equitativo Un profesor xusto. ANTÓNIMO inxusto2 Conforme os dereitos dunha persoa, o que merece e o que lle corresponde. Unha repartición xusta dos bens. SINÓNIMO equitativo ANTÓNIMOS ilexítimo, ilícito O que pides é xusto. Unha lei pode non ser xusta. ANTÓNIMO inxusto3 Conforme a lei e o dereito. Todas as persoas teñen dereito a un xuízo xusto.4 Que é apropiado, que é tal e como debe de ser, que se axusta con precisión á realidade. Vender unha cousa polo seu xusto prezo. Atopou as palabras xustas para expresar o que quería. Ter unha idea xusta do que ocorreu. SINÓNIMOS cabal, exacto, preciso5 [Cantidade, medida etc.] tal que non lle sobra nin lle falta nada. Só me deu os cartos xustos para a entrada do cine. Deume a conta xusta. Este vestido é do meu talle xusto. O tren chegou aos cinco minutos xustos de marchares ti. SINÓNIMO exacto6 Que apenas é suficiente, en cantidade ou en tamaño. Non podo gastar moito porque teño os cartos xustos para chegar a fin de mes. SINÓNIMO contado Este pantalón quédame xusto. SINÓNIMO apertado ANTÓNIMOS amplo, ancho, folgado, largo CONFRÓNTESE estreito Fixeches a comida moi xusta. adverbio7 Expresa coincidencia e precisión de tempo ou de lugar. Chegou xusto cando ti marchaches. Estamos xusto no lugar sinalado no mapa. Vivo xusto ao final da rúa. SINÓNIMO xustamente FRASES E EXPRESIÓNS CON xusto Pagar xustos por pecadores Cargar o inocente coa responsabilidade e as culpas do que fixeron outros. Se os castigas a todos, estarán pagando xustos por pecadores. Xusta causa VÉXASE causa

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!