E se propoñedes a Palabra do Ano

Seica van prenderse en breve as luces do Nadal, así que no Portal das Palabras decidimos tamén adiantar un chisco a campaña para que escollades a Palabra do Ano 2025.

A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases:

Primeira fase

Agardamos as vosas suxestións NESTA LIGAZÓN ata o luns 1 de decembro ás 23:59 horas.

Segunda fase

O mércores 3 de decembro anunciaremos cales son as palabras finalistas. Poderedes votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do domingo 21 de decembro.

Terceira fase

A Palabra do Ano 2025 darase a coñecer nos últimos días de decembro.

Tomade nota do calendario, participade en cada fase e compartide! Lembrade que a Palabra do Ano 2025 pode reflectir dalgún xeito como pensades que se viviron colectivamente estes últimos meses, designar un fenómeno froito dos tempos que corren ou mesmo darlle nome a algunha aspiración colectiva, algo polo que devezades nesta despedida do 2025 e benvida ao 2026.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir