{"html":"<div class=\"des_noticia\"><div class=\"des_noticia\"><div class=\"dataainfo\">17 OUTUBRO 2026<\/div><h2 class=\"titupaladia\">basta<\/h2><div class=\"separ\"><\/div><div class=\"descripalab\"><p class=\"italic\"><strong>Bordo inferior dunha peza de roupa dobrado cara a dentro e asegurado cunhas puntadas<\/strong><\/p><\/div><div class=\"separ\"><\/div><div class=\"etimoloxiapalab\"><p class=\"titu\">ETIMOLOX\u00cdA<\/p><p>Denominaci\u00f3n que ten a s\u00faa orixe no xerm\u00e1nico <em>*bastjan<\/em> &#8216;zurcir&#8217;, &#8216;coser&#8217;.<\/p>\n<\/div><div class=\"separ\"><\/div><div class=\"exemplospalab\"><p class=\"titu\">EXEMPLOS<\/p><p>\u201cNunca m\u00e1is volv\u00edn separarme daquela foto. Lev\u00e1baa comigo a todas as partes agachada na <strong>basta <\/strong>do pantal\u00f3n, e cando quedaba a soas mir\u00e1baa e falaba con ela.\u201d (Alberto Canal: <em>O amor nos escuros d\u00edas de Birkenau<\/em>, 2016)<\/p>\n<p>\u201c&#8230;agora estaba menos tempo con el, ti\u00f1a que prescindir de velo fregando a louza ou escoitarlle a lectura daqueles libros que Santi Noreste lle recomendaba, mesmo se lle pu\u00f1a un punto de indignaci\u00f3n cando Consuelo lle narraba os progresos daquela m\u00e1quina de coser que remataba as <strong><em>bastas<\/em><\/strong> da roupa cunha velocidade simplificadora.\u201d (Ant\u00f3n Riveiro Coello: <em>As rulas de Bakunin<\/em>, 2001)<\/p>\n<\/div><div class=\"clear\"><\/div><\/div>","nome":"basta","descricion":"Bordo inferior dunha peza de roupa dobrado cara a dentro e asegurado cunhas puntadas","etimoloxia":"Denominaci\u00f3n que ten a s\u00faa orixe no xerm\u00e1nico <em>*bastjan<\/em> 'zurcir', 'coser'.","exemplos":"\u201cNunca m\u00e1is volv\u00edn separarme daquela foto. Lev\u00e1baa comigo a todas as partes agachada na <strong>basta <\/strong>do pantal\u00f3n, e cando quedaba a soas mir\u00e1baa e falaba con ela.\u201d (Alberto Canal: <em>O amor nos escuros d\u00edas de Birkenau<\/em>, 2016)\r\n\r\n\u201c...agora estaba menos tempo con el, ti\u00f1a que prescindir de velo fregando a louza ou escoitarlle a lectura daqueles libros que Santi Noreste lle recomendaba, mesmo se lle pu\u00f1a un punto de indignaci\u00f3n cando Consuelo lle narraba os progresos daquela m\u00e1quina de coser que remataba as <strong><em>bastas<\/em><\/strong> da roupa cunha velocidade simplificadora.\u201d (Ant\u00f3n Riveiro Coello: <em>As rulas de Bakunin<\/em>, 2001)","url":"https:\/\/portaldaspalabras.gal\/lexico\/palabra-do-dia\/basta\/","data":"2026-10-16T22:00:21+00:00","galeria":[]}