troiano

Quen lle ía dicir a Homero que, despois de tantos séculos (VIII a.C.), a súa historia reflectida na Ilíada, seguiría tan de actualidade e nin máis nin menos que no mundo da informática e das novas tecnoloxías.

A coñecida guerra de Troia pasou a formar parte dos clásicos literarios continuamente revisados, no cine, na literatura, pintura etc. Deste mito creáronse frases como “que arda Troia”, “tirios e troianos” e quizais a parte máis coñecida e relevante do relato: “o cabalo de Troia”. Este famoso cabalo ideado por Ulises (Odiseo), non era máis que un agasallo, digamos malicioso, que en sinal de rendición lles entregaron aos troianos. Porén ese obsequio levaba como sorpresa un grupo de guerreiros que conseguiron que ardera Troia.

A este famoso cabalo de madeira nos referimos metaforicamente cando, de forma agochada, queremos introducirnos nun medio propicio para conseguir unha finalidade concreta. Por exemplo se dicimos “Queremos que esa persoa sexa o cabalo de Troia na empresa”. A expresión foi evolucionando até dar co mundo da informática, obviamente a partir do idioma inglés e así “Trojan horse” acabou reducido a “trojan”, para referirse ao software malicioso ou “malware”.

En galego chamámoslles troianos a programas aparentemente lexítimos, que se introducen nun ordenador con diferentes finalidades, pero xeralmente nunca boas, como son utilizalo para copiar datos, contrasinais, enviar a través del correos electrónicos non desexados, etc.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí