bancada

Fileira de asentos dun estadio, circo etc., desde os que se presencia un espectáculo

Etimoloxía

Fórmase engadindo o sufixo –ada (‘colectivo’) á base substantiva 'banco' (do francés antigo bank e este dunha probable voz xermana banki).

Exemplos *

“Houbo grande ambiente o domingo pasado pola tarde en Balaídos, con máis de 25.300 seareiros nas bancadas. E o partido respondeu á expectación, porque o Celta xogou con moito atrevemento e estivo a piques de arrancarlle un empate ao Real Madrid.” (Redacción: De Luns a Venres, 13-3-2015)

“As bancadas de animación dos equipos galegos convertéronse nun fenómeno que transcende os estadios e as competicións deportivas.” (Redacción: Nós Diario, 13-4-2025)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.