Esquivar a oposición dun ou varios xogadores contrarios para seguir adiante co balón
Etimoloxía
Sobre a base 'can' (do latín cane) á que se xunta o sufixo -ear, por referirse a un movemento semellante ao que fan os cans dun lado para outro.
Exemplos *
“Pero boto de menos aquel mundiño de cando eramos rapaces. E iamos bañarnos na ribeira, e xogar ao fútbol nos Pitas ou no Perrito. Home, non se me daba mal canear, non.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda, 2010)
“Óscar Míguez foi un dianteiro cunha gran capacidade para meter goles. Tiña moi boa técnica e sabía canear con eficacia. Era un nove potente, áxil e intelixente. Salientaban pola súa espectacularidade os seus goles de chilena e rabona.” (Óscar Losada: Nos Diario, 17-6-2026)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


