cartón

Anaco pequeno de cartolina que se usa no fútbol e noutros deportes para indicar distintos castigos segundo a cor que teña

Etimoloxía

Relaciónase co italiano cartone ou ben co francés carton, aumentativos de 'carta' (do latín charta ‘folla, lámina de papiro’ e este á súa vez do grego khártes).

Exemplos *

“A segunda metade estivo marcada pola expulsión de Evaldo por dobre cartón amarelo, unha circunstancia que permitiu os donostiarras dominar a pracer. O conxunto deportivista, con todo, defendeuse con acerto e minimizou os danos.” (Axencia: De Luns a Venres,14-1-2013)

“O colexiado do encontro ensinou a Miguel o cartón vermello directo no minuto 16 do encontro en Tajonar por "suxeitar a un rival dentro da área".” (Diego Espiño: Pontevedra Viva, 20-4-2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.