celeste

Relativo ou pertencente ao ceo

Etimoloxía

Voz que bebe da latina caelestis.

Exemplos *

“Creo que me estou habituando á súa presenza, considerándoas como parte da paisaxe, da mesma maneira que os antigos consideraron as sete estrelas móbiles como parte da bóveda celeste.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“E iso acontece nada máis nas noites en que o cometa Hallodoovie atravesa a bóveda celeste, máis ou menos cada medio millón de anos.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.