depósito

Recipiente onde se almacena auga ou outro líquido

Etimoloxía

Procede do latín depositum –i ‘lugar onde se pon algo’, derivado do verbo deponer e este de ponere ‘poñer’.

Exemplos *

“Alí os depósitos da auga, o novo e o vello, esboroaran e só os cinco primeiros metros dos piares se mantiñan en pé, rodeados por un monte de cascotes de formigón e ferralla que sepultaban o castro sen escavar. Era o outeiro máis elevado de Carballo, o poboamento inicial da vila, e desde alí enxerguei a desfeita.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

“De calquera xeito, o tempo foi borrando aquela dor e agora só me queda a lembranza do noso infalible sistema publicitario. Alí, coma unha cicatriz da infancia, a parede abrancazada do depósito da auga mantivo intacto durante anos o asombro das letras debuxadas por César.” (Antón Rivero Coello: Casas baratas, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.