Golpear o balón co pé, no fútbol
Etimoloxía
Ten a súa orixe no inglés to shoot, ‘tirar, disparar’.
Exemplos *
“Así que xutaba o balón unha vez máis e, mentres os adestraba, faláballes das súas lembranzas, porque non quería esquecer. O balón choutaba e os nenos e as nenas rían.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
“Xa tivera a ocasión de marcar minutos antes, tras controlar co peito e xutar coa dereita, mais, co porteiro batido, o remate do atacante alvibermello salvouno de cabeza Sergio González.” (Redacción: Nós Diario, 20-9-2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


