candea

Inflorescencia en forma de espiga do castiñeiro, bidueiro, millo etc.

Etimoloxía

Termo que xorde desde o latín candela que significaba ‘candea’, ‘corda encerada’.

Exemplos *

“Tecéronche os castañeiros / un refaixo de candeas, / que loces antre a ledicia / das festas da primaveira.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Valdeorras”, Cantarenas, 1981)

“Os salgueiros son dos primeiros en florecer; aos freixos xa se lles ve nas puntas das pólas os gromos e as primeiras folliñas; os carballos e os castiñeiros seguen dormentes, pero non por moitos días, pois de seguir o bo tempo axiña lles sairán as follas e aos segundos tamén as flores ou candeas.” (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe, 17-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.