Grupo de persoas, como comerciantes, peregrinos etc., que, en distintos medios de transporte, atravesan xuntos rexións do deserto
Etimoloxía
Préstamo procedente do francés caravane, que bebe no persa kārvān ‘ringleira de animais’.
Exemplos *
“Xa nunca irá na procura de caravanas de beduínos polos desertos do Sahel, con Roi de asistente e compañeiro, nin se infiltrarán en ningunha cuadrilla de guerrilleiros, nin en ningunha tribo perdida e descoñecida do Amazonas.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
“A razón que explica o gran auxe do asentamento de Tombuctú foi a expansión do imperio almorávide no século XI, que cortou a ruta occidental transahariana e desviou o curso das caravanas máis ó leste, favorecendo esta cidade.” (Xerardo Neira: Galicia Hoxe, 16-2-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


