Masa gasosa incandescente que se eleva dun corpo que arde e que produce luz e calor
Etimoloxía
Voz que procede da raíz prerromana lap-.
Exemplos *
“Parada á porta da tenda, Tereixa ve as lapas, altas coma torres, algo lonxe aínda. Pero chégalle o alento da súa bafarada. Alá foi o traballo da horta.” (Ramón Cardide: Terra queimada, 2017)
“As pescudas determinarían se o incendio fora ocasionado ao prender a lapa dunha candea no manto dunha imaxe, como apuntaban uns, ou se a orixe estaba nun curtocircuíto provocado por un fallo eléctrico, como aseguraban outros.” (Elena Gallego Abad: Dragall III. A fraternidade do dragón, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.