Moble con portas ou sen elas e con varios estantes, que se emprega para gardar libros
Etimoloxía
Palabra derivada sobre esta outra “libro” que procede do latín liber de significado semellante.
Exemplos *
“A mesa, o tresillo, un pouco máis de lado, unha libraría cunhas poucas ducias de libros, un dicionario e a cortiza, grande e enmarcada, erixida en materialización física do seu traballo de investigación.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
“Soterrada no seu sarcófagos escolar, a mirada de N percorreu de novo as paredes da súa aula, cheas de sombras de cadeiras e mesas, de librarías e lapiseiros...” (Paco Yáñez: ...Distancias..., 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.