Escrito, xeralmente cerrado, que se lle envía a alguén para comunicarlle algo
Etimoloxía
O substantivo remite ao verbo latino mittere ‘enviar’ pero desde a forma missio ‘a acción de enviar’, daquela teriamos o concepto ‘das cartas enviadas’.
Exemplos *
“Sabéndose, pois, preservada de calquera ollar indesexábel, a raíña sacou da faixa que cinguía o seu van os anacos da misiva de Circe e volveu ler a última carta da maga.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Redactei a carta que se enviou a Ávalon convocando a Morgana e a unha delegación de druídas á voda do rei, e deime a maña necesaria para que, sen resultar ofensiva, a misiva deixase claro que Viviana non sería benvida.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


