Calidade daquilo que se pode mover, cambiar de lugar ou de posición
Etimoloxía
Palabra que remite á latina mobilĭtas, -ātis que, á súa vez, vén de mobilis, –e 'móbil'.
Exemplos *
“A exclusión dos coches do centro histórico e o desenvolvemento de plans de mobilidade a pé ou en bicicleta, sitúanse no cerne desta conquista medioambiental que é xa exemplo para moitas cidades do mundo.” (D. Ares: Sermos Galiza, 3-12-2023)
“Unha estupenda alternativa cara á mobilidade sustentable e á utilización de enerxías limpas. (...) Tamén, por que non, de que os cativos vaian andando (de forma segura) ao colexio, algo que evitaría moitos vehículos da circulación diaria ao non ter que levar os nenos aos seus respectivos coles.” (Redacción: Sprint Motor, 10-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.