obra

Libro que contén un traballo literario completo, xa sexa nun ou en varios volumes

Etimoloxía

Vocábulo que vén do latín opera ‘traballo’.

Exemplos *

“Na obra de Otero Pedrayo hai algunhas Misias, damas, señoras de alta caste, dunha elegancia natural que as ilumina coma deusas solares.” (Olga Novo: Luzes, 11-2016)

“Para o xurado, a nova obra de Ledicia Costas é un "singular receitario para criaturas do Inframundo".” (C.V.: Sermos Galiza, 12-6-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.