Aquilo ao que se consagra a actividade
Etimoloxía
Termo que nos chega do latino occupatio, -ōnis que significaba ‘negocio’, ‘invasión’ e ‘prevención’.
Exemplos *
“O outro fillo de Arthur Gordon aínda estaba a se recuperar grazas á medicación e á asistencia psiquiátrica, pero parecía ter mellorado ostensiblemente des que atopara unha ocupación traballando ao lado de seu pai no sector inmobiliario.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)
“O primeiro é o de promoción económica e emprego porque temos a cidade coa peor taxa de ocupación e por iso temos que xerar emprego e oportunidades.” (Xurxo Salgado [entrevista]: Galicia Confidencial, 20-5-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


