Fariña ou sémola de trigo diluída en auga e reducida a unha masa máis ou menos consistente, que amolece ao cocela e que se atopa no mercado en diferentes formas e tamaños
Etimoloxía
Termo que procede do latín pasta, -ae de significado semellante e este do grego pastá ‘gachas’.
Exemplos *
“Talvez, se é que aínda vive, teña unha morea de netos para os que preparará os domingos ricos melindres de Melide, ou se cadra cazolas de pasta cociñadas coa mesma habelencia das nonnas napolitanas.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
“Serviu un prato de pasta con salsa al pesto e abriu unha botella de viño. Ceou diante da tele onde un grupo de famosos vivían na selva dun concurso de telerrealidade.” (Anabel Alonso López: Café só / A chamada, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.