a pé

Andando

Etimoloxía

Locución formada pola preposición “a” e o substantivo “pé” que procede do equivalente latino pes, pedis 'pé'.

Exemplos *

“Deixeina na avenida do paseo do río, máis ou menos á altura da ponte peonil da Illa das Esculturas. Ela insistiu en que quería ir a pé a casa, que quería airearse, díxenlle adeus e dei volta.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés, 2021)

“Afíxose á idea dos paseos a pé, polos arredores da cidade ou pola serra madrileña, como facían os membros da Institución, nomeadamente Giner de los Ríos, que durmía en plena serra coa ventá aberta, cama dura e unha simple manta.” (Ramón Villares: Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.