Aquilo que se dá como premio ou compensación por algo
Etimoloxía
Derivado regresivo do verbo “recompensar” que procede do latín tardío recompensáre 'compensar, recompensar'.
Exemplos *
“Nós aplicabamos todas as nosas capacidades físicas e mentais na extracción dos prezados anacos. Xaquín, o máis afouto cando se trataba de obter recompensas doces, abocaba o líquido nun cazo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Polas noites, como recompensa ao bo comportamento, empecei a contarlles contos aos pequenos. Empregaba a técnica da princesa co sultán nas "Mil e unha noites", deixar o conto inacabado, dese xeito asegurábame que quixesen saber o final para o día seguinte.” (Anxo Fariña: Sermos Galiza, 12-6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


