Servizo ou espazo en Internet que permite que persoas ou grupos creen relacións e intercambien contidos e informacións
Etimoloxía
Frase composta polo substantivo “rede” do latín rete, -is ‘tea de araña’ e o adxectivo “social” procedente de socialis, -e ‘relativo aos aliados’.
Exemplos *
“Para empezar, cambiou o que a xente pensa ou se interesa nunha empresa tecnolóxica. Pode que sexa porque a historia de Facebook é un culebrón digno de Shonda Rhimes (...). Pode que sexa porque ata a túa avoa usa a rede social.” (Raquel C. Pico: Disquecool, 2-2014)
“A maior paridade de xénero no goberno municipal, a aposta pola transparencia e a participación ou a creación das redes sociais propias do Concello, son algúns dos cambios que salienta a concelleira.” (Cláudia Morán: Luzes, 11-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.