rehabilitación

Acción e efecto de rehabilitar

Etimoloxía

Termo derivado desde o verbo “habilitar” que se forma sobre “hábil” que bebe do latín habilis ‘manexable’.

Exemplos *

“Os arquitectos intentaron en todo momento involucrar á comunidade de Min Buri, que tras un incendio pasar a ser case unha zona de chabolas, na rehabilitación do edificio e creación da biblioteca.” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 3-2013)

“Na anterior lei había unha aposta pola conservación e a rehabilitación de vivendas.” (Teresa Barbarena e Ana Cabaleiro: Sermos Galiza, 14-9-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.