rosa

Flor da roseira, de cor branca, rosa, amarela ou vermella, e de recendo moi agradable

Etimoloxía

Voz que procede da palabra latina rosa ‘a flor da roseira’. Nome científico rosa s.p.

Exemplos *

“Olido de frescas rosas / os aires da noite incensan, / cal si todas se xuntaran / as froles da primadera; / Soan cantares estraños, / soan músicas que alegran; / músicas son e cantares nunca sentidos na terra.” (Rosalía de Castro: Cantares gallegos, 1863)

“Hai un home de corpo enteiro. Viste un traxe de raias e un pano ben dobrado no peto da chaqueta. Ten unha man apoiada nun velador sobre o que repousa un vaso cun ramo de rosas.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

Imaxes tiradas d'O Herbario de Rosalía’ (Fundación Rosalía de Castro, 2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.