tolerancia

Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais aínda que non coincidan coas súas

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina tolerantia que significaba ‘que soporta a dor’.

Exemplos *

“Se houber certamente valores de tolerancia, de capacidade de colaboración, de empatía e negociación, na subcultura das mulleres ou nas súas comunidades de fala, non serán estes valores trazos distintivos dos seres con anatomía feminina.” (Teresa Moure: Queer-mos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, 2012)

“A súa intensidade semella transportarnos a outras culturas que achegan músicas e aromas. Conceptos como mestizaxe, tolerancia, convivencia e multiculturalidade sobrevoan esta obra.  A mensaxe final profunda na idea de que porfiando podemos alcanzar as metas que nos propomos.” (Romina Bal: Galicia Hoxe, 7-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.