trangallada

Diversión ou festa improvisada e desordenada

Etimoloxía

Palabra que deriva de “trangallo” que vén de “tranca” procedente do latín trabica ‘pau’.

Exemplos *

“Se queres trangallada vaite para arriba, eu non teño gana de leria.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

“Hai veces que parece que canto menos pensa un mellor vive, porque estes días que ando de trangallada cos compañeiros mesmo parece que todo me vai mellor.” (Manuel Laxe Freire: Loita e morte, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.