Recoller o froito das videiras
Etimoloxía
Palabra que bebe na latina vindemiāre de significado semellante.
Exemplos *
“Un paisano posuía unha viña nos arredores do río Lérez e acostumaba visitala polo xeral a altas horas da noite, cando era máis probable que lle arrebatasen o froito, xa case a punto de vendimar.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia. 2009)
“Caldas non puido evitar pensar no seu pai, na ilusión que tiña nas viñas acabadas de plantar por máis que houbesen que pasar seis anos ata podelas vendimar.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.