Planta herbácea da familia das violáceas, de follas cordiformes e flores pequenas moi recendentes, xeralmente de cor morada clara / Flor desta planta
Etimoloxía
Este termo é o diminutivo de “viola” que bebe no latín viŏla ‘nome da flor’. Nome científico da planta viola odorata.
Exemplos *
“Ódiote, campo fresco, / cos teus verdes valados, / cos teus altos loureiros / i os teus camiños brancos / sembrados de violetas, / cubertos de emparrados.” (Rosalía de Castro: Follas novas, 1880)
“As flores de borraxa utilízanse en infusión para facer o que se chamaba "augas cordiais " que eran medicamentos para fortalecer o corazón. Ademais da borraxa empregábase a lingua de boi (Anchusa azurea Miller), a violeta (Viola odorata L.) e a rosa vermella.” (Pilar Antelo Docampo e Xaquín Penas Patiño: As plantas medicinais, 1993)
Imaxes tiradas de ‘O Herbario de Rosalía’ (Fundación Rosalía de Castro, 2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.