xinecocracia

Goberno feminino

Etimoloxía

Voz que xorde da unión do elemento gineco- que vén do grego gynaiko ‘muller’ e -cracia ‘goberno’.

Exemplos *

“Autores gregos e romanos (...) relataron as características da sociedade castrexa. Destaca a magna Xeografía do grego Estrabón (64 a. C.-19 d. C.), en dezasete volumes, onde se ofrecen moitos detalles, como o da xinecocracia castrexa.” (Anxo Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil: Novas do Eixo Atlántico, 2015)

“Un matriarcado, tal e como o seu nome indica, é única e exclusivamente o poder das nais, perfectamente diferenciable da xinecocracia, o poder das mulleres.” (AA.VV.: Reunión de Arqueoloxía Teórica, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.