Peixe mariño da familia dos gádidos [pollachius pollachius], de cor tirando a verde no lombo e prateada nos costados, que vive en fondos rochosos ata os douscentos metros de profundidade e que pode chegar a medir máis dun metro de lonxitude
Etimoloxía
Indica Joan Corominas que a forma galega e a portuguesa sería unha evolución semiculta do baixo latín abbadagium ‘contribución en especias que se lle pagaba aos abades’.
Exemplos *
“Fumos ó Peto e souben por fin da empanada á que lle dan a volta coma se fora unha tortilla de patacas. Primeiro caeran unhas ostriñas, máis ben poucas, logo un abadexo á grella e por fin chegou a empanadiña, que pasou máis ben de esguello.” (Alfredo Conde: O Correo Galego, 20-5-2002)
“Para alguén que empeza son máis fáciles os fritos, e a praza de Vigo ofrece unha variedade de peixe que fai dubidar á compradora, co corazón dividido entre un peixiño miúdo para envolver en fariña de millo, ou uns toros de abadexo de carne nacarada.” (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas / Se has matar, faino axiña, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.