Falta de aprecio ou demostración de desprezo cara á dignidade dunha persoa e sentimento de humillación que isto crea nela
Etimoloxía
Vocábulo relacionado con “abafallar” que, á súa vez, é un derivado sobre “bafo” que é unha creación onomatopeica sobre ‘baf’.
Exemplos *
“Aquel abafallo nunca experimentado pola moza, rematou abrindo unha chaga fonda que comezara aquel mozo que desfixera todo aquel mundo seu de ilusión e soño, sen que ningún tribunal do mundo tivera leis pra castigar tan grave delito.” (Fermín Vilaboa Lemos: Mar e seitura, 1982)
“Souben entón algo máis dos abafallos e crimes que os fascistas cometeran en Galicia, cantos homes bos perseguidos, mortos, non poucos amigos meus, Balbino Cerdeiras, alcalde da miña vila, tan intelixente e nobre, Ánxel Casal, todo xenerosidade.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.