abanar

Mover alguén no berce ou coma se estivese no berce para que durma ou se calme.

Etimoloxía

Proponse que a partir de vannus, -i 'cribo' se formase o verbo evannare e de aí veña abanar.

Exemplos *

"E a miña avoa abanábame e eu durmía …" (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios)

"Pechou os ollos co desexo do sono, durmiría e deixaríase abanar pola hora da calor." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.