abandeirado, -a

Persoa encargada de levar a bandeira

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “bandeira” que, á súa vez, remite a “banda”, palabra orixinaria do gótico bandwō 'signo, bandeira'.

Exemplos *

“O abandeirado do equipo olímpico español, David Cal, dixo onte que aspira a traer dúas medallas de ouro dos Xogos Olímpicos de Pequín.” (Redacción: Galicia Hoxe, 6-8-2008)

“Os regatistas Íker Martínez e Xabi Fernández, ouro en Atenas 2004 e prata en Pequín 2008, declinaron ser os abandeirados do equipo olímpico español nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.” (AA.VV: El Progreso, 20-7-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.