Sacudir no bandoxo castañas, fabas
Etimoloxía
Termo que se crea sobre a palabra “bandoxo” que está relacionado probablemente coa raíz bamb- que expresa ‘movemento’.
Exemplos *
“Para abandoxar, poñíanse un cesto de castañas nel, enganchada a corda entre os ombros e agarrado coas dúas mans, levantándoo e baixándoo, unha e outra vez, de tal xeito que o aire que entraba polos buratos da base ía desprazando as cascas cara a fóra.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)
“Laurio anicouse e colleu unha presa de castañas secas.
-Iámolas abandoxar, pero non vale a pena pasar traballo.” (Xesús Manuel Marcos: O esconxurador, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.