abano

Utensilio para dar aire, que pode estar feito de tea ou papel pegado a unhas variñas unidas arredor dun eixe pola parte inferior, que se abre en forma de semicírculo, ou comporse doutros materiais como plumas ou follas de palmeira

Etimoloxía

Voz que se forma sobre a latina vannum ‘cribo’.

Exemplos *

“E colleu un abano porque ía calor e el tiroulle fotos mentres se refrescaba, coa cara vermella e sufocada.” (Francisco Castro: Amor é unha palabra coma outra calquera, 2016)

“No Café Imperial hai un arrecendo no que se mesturan suor , tabaco cubano , alcol e perfumes baratos de muller . Este abafante universo odorífero fai inútil o labor do ventilador e dos abanos que locen algúns cabaleiros.” (Lino Braxe: A cor do ceo, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.