Conxunto ou serie ordenada das letras coas que se representan os sons dunha lingua.
Etimoloxía
Procede da palabra abecedarium que á súa vez está formada polas catro primeiras letras do abecedario latino (<a>, <b>, <c>, <d>) mais a terminación –arium.
Exemplos *
"…previr as obxeccións posibles do interlocutor, anticiparse, refutalas, lembrou o dicionario, bendito dicionario que contiña os abecedarios todos do existir." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
"Para poder facer unha correcta transcrición do que din algúns locutores conviría incorporar ó abecedario unha letra nova: o errre." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


