Protexer dos rigores do tempo, dun perigo etc.
Etimoloxía
Formado a partir de “beira”, que probablemente é unha redución de “ribeira”
Exemplos *
“Para diante do portal e xa chove, con máis forza a cada intre. Agora a xente corre achegada ás casas ou fai por se abeirar nos locais que están abertos.” (Paco Martín: Dende a muralla)
“Non chegas a notar hostilidade, mais si indiferenza, coma se non existises, coma se foses transparente. Non che gusta, pero estás demasiado absorto na túa teima para comprender que a barreira tras a que te intentas abeirar tamén te esconde.” (Uxía Casal: Vidas exemplares)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.