Protección contra os rigores do tempo, un perigo, un mal etc.
Etimoloxía
Termo relacionado co verbo “abeirar” que, á súa vez, é unha voz relacionada con “aba” que se cre que nos chega do latín alipem ‘alado’.
Exemplos *
“Desde o seu abeiro escoitaban no comezo da primavera o canto dos malvises e o monótono acorde do cuco.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“Dirixín os pasos ata o barrio Tívoli, situado detrás da catedral e formado por unha colmea de casas que se arremuiñaban ao redor do cómaro que fora o primeiro abeiro para os franceses expulsados de Haití no século XVIII.” (Xerardo Agrafoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.