Arbusto da familia das betuláceas, de tres a oito metros de altura, con moitas pólas, follas anchas e cordiformes e madeira dura, que dá como froito a abelá
Etimoloxía
Denominación que deriva de “abelá” e esta da expresión latina abellana nux ‘noz de Abella’, cidade onde abundan as abelás.
Exemplos *
“Ben, como coas cereixas non podiamos continuar, ao lado estaba unha abeleira do Ernesto, tamén ausente por andar nas segas, e, aínda que fóra de sazón, cargadiña de abelás.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia/ Memorias dun aprendiz de malandro, 2013)
“Pero, antes de nada, cómprelle saldar unha conta, ten unha angueira inadiable no val das abeleiras. Desvía o coche da estrada xeral e intérnase en pistas polas que non circula alma viva.” (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.