Construción consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un conxunto de colmeas
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o substantivo abella que vén do latín apicula, diminutivo de apis ‘abella’.
Exemplos *
“Estes topónimos sinalan a presencia de terreos arrimados ás vivendas que normalmente estaban pechados. Nesta mesma liña, a unha albariza ou abellariza, lugar cercado onde se colocan as colmeas, parecen referirse os topónimos Albariza e Abelleira, tamén abundantes.” (C. Charamuscas: O Correo Galego, 8-10-2001)
“En Roncudo achamos abellarizas —que con este nome as coñecen— de moi distinta construción. Son unha sorte de alpendres, ou sexa, tres muros unidos en ángulo recto, cubertas cun tellado e co frente libre pra que poidan entrar e saír as abellas das colmeas.” (Begoña Bas López: Construccións populares galegas, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.