abellón

Danza que antigamente realizaba un grupo de persoas collidas da man ao redor dun defunto, imitando ao mesmo tempo o zunido deste insecto.

Etimoloxía

Deriva de abella, do latín apicula, -ae, que realmente era o diminutivo de apis, -is.

Exemplos *

“Tendo como eixos centrais o abellón e mais a morte, cómpre falar da antiga danza do abellón, hoxe xa desaparecida.” (Vítor Vaqueiro: Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria)

“-¿Non crees que? _Que aínda se siga facendo por aí o ‘baile do abellón‘. _¿A ti paréceche que porque non saes da casa, non hai outros sitios?” (Manuel Seixas: O Correo Galego 26-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.