abeneiro

(Alnus glutinosa) Árbore da familia das betuláceas, que pode acadar os vinte metros de altura, de copa moi poboada, con follas arredondadas e dentadas, flores en amento, casca de cor parda e madeira de cor clara, moi dura e lixeira.

Etimoloxía

Variante de amaneiro, crese que puido partir dunha forma do latín vulgar *aminariu.

Exemplos *

“¡Ti non sabes, abeneiro, -as túas follas cor de mel- que estás ollando o regueiro sen saber o que ves nel!” (Manuel María: Terra Chá)

“Eu ben vin esta-lo cuco enriba dun abeneiro coa subela na man aprendendo a zapateiro …” (Dorothé Shubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.