abesullar

Observar atentamente

Etimoloxía

Palabra de orixe escura, crese que se podería relacionar co termo do latín visus 'vista'.

Exemplos *

“E aquel carballo doncel / — verde, senlleiro, noviño — / fungaba ceibe no vento,/ abesullando o camiño...” (Agustín González López: Era un son de buguina (Antoloxía poética), 1998)

“ULISES volve a Ítaca / (ou iso pensa cando / ao lonxe dende o mar. / Abesulla as calexas /  tan brancas e costentas / por el nunca esquecidas) / De Ítaca foise novo / e volve vello e canso./ O tempo todo o cambiou.” (Xosé Luís Franco Grande: Xoguetes do tempo, 2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.