Poñerlle unha billa a un bocoi, barril etc.
Etimoloxía
Palabra creada por un proceso derivativo sobre a base “billa” que é a chave que impide o paso do líquido.
Exemplos *
“Era o momento de abillar o viño e de probar o primeiro viño novo. O primeiro domingo de novembro recordo que os meus pais, o meu irmán máis vello, coa súa muller e os nenos, e os meus irmáns máis novos, Xácome e Ana, acompañamos os Soliño a Aldán e a Menduíña.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“Na vella Compostela, abillar un viño era toda unha solemnidade ritual, fose en taberna ou nunha casa, onde se poñía na porta un ramo de loureiro e o marbete «Véndese viño ó cuartillo».” (Xosé Filgueira Valverde: Adral 6, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.