Relativo ou pertencente ao abismo, en particular á zona máis profunda do mar.
Etimoloxía
Chegounos desde o latín, onde abyssu era a adaptación do grego abyssos 'sen fondo'.
Exemplos *
"Neste foxo abisal do océano que habitamos, a negrura faise táctil como unha pegada de petróleo." (Rosa Aneiros: A Nosa Terra 17-11-2010)
"Algas enredándose nos nosos pescozos, algas de profundidades abisais, de monstros indescritibles que se abalanzan nunha mesma acción; o afogo que nos traedes, criaturas do abismo." (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


