abolición

Acción e efecto de abolir, deixar nula ou sen validez unha lei, un costume etc.

Etimoloxía

Nome creado sobre o termo latino abolitio, -onis que significaba 'supresión, esquecemento'.

Exemplos *

"Nestes primeiros momentos, reivindicacións populares como a abolición das quintas ou a supresión dos consumos sérvenlle ó federalismo para mobiliza-la poboación obreira." (Xosé M. Moreno González: O movemento Obreiro en Galicia)

"Relaciónase, pois, a cuestión das rendas forais co da abolición dos señoríos, coma lle acontecería tamén ó Marqués de San Martín." (Ramón Villares: Foros, frades e fidalgos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.