abraira

Arbusto da familia das betuláceas, de tres a oito metros de altura, con moitas pólas, follas anchas e cordiformes e madeira dura, que dá como froito a abelá

Etimoloxía

Termo que se forma sobre “abeleira”, este remite a “abelá” que vén do latín abellana nux que significa ‘noz de Abella’, cidade italiana famosa polo froito deste arbusto.

Exemplos *

“Argana da Pena Branca, / presa / baixo das matas de abraira / entre as pestanas da pena!... / Vén soo dos castiñeiros / un ventiño pequeno / abalala...” (Uxío Novoneyra: Os eidos. Terras outas e soias do Courel 1952-1954, 1955)

“Nunca faltou a infusión de faiuco asado e moído. Nunca faltou a auga, que os vellos coidaban máis có ouro. Pero era tal a tensión que unha saraibada equinoccial que tronzou a flor das amendoeiras e das abrairas, matando a posibilidade do esperado froito, provocou unha trifulca.” (Xesús Ferro Ruibal: Os papiros do Medulio, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.